3 Setembro, 2016

WE REFUGEES

Camille Leveque
Insider Look
  • Fotografía: Camille Leveque
Localización: ARMENIA

“Mudeime a Armenia no 2006.
Alí traballei no centro de refuxiados de Ereburni, preto da capital Erevan e reunín unha reportaxe dun ano documentando as vidas dos refuxiados en Armenia que fuxían da guerra en Karabagh. Unha pausa nos ataques entre Armenia e Azerbaján declarárase uns anos antes.”

“Visitei o centro e os seus residentes unha vez á semana durante un ano e falamos de temas como a identidade, a vida en Baku, a guerra e a herdanza cultural.

Recientemente decidín volver a revisar este traballo que foi o meu primeiro como xornalista fotográfica, no 2006, cando tiña vinteún anos. Editeino e engadín varios documentos, algúns que atopei en Erevan, outros que pertencían ós refuxiados e mestureinos cos meus documentos personais. Eu mesma veño dunha familia de refuxiados armenos, a miña avoa e os seus irmáns fuxeron a Francia en 1915 e buscaron refuxio para construir unha nova vida.

Sentín a necesidade de ver este proxecto como unha resposta ós acontecementos actuais entre Oriente Medio e Europa.”

“Con esta nova estrutura e a través do uso de documentos relevantes da posguerra tento sacar á luz o feito de que moitos de nós somos, de feito, refuxiados.

Familias que fuxen dos seus fogares e que conseguiron restablecer a súa vida noutro lugar. A maioría de nós sentímonos estranxeiros e quero salientar a realidade das viaxes que realizan as persoas. A historia repítese a si mesma e os países constrúense con migracións humanas e ven a súa evolución a través destas fluctuacións.”

Artigos relacionados